22:32:29 Venres 19 de abril 2024
Estás en:

A Amtega e o Colexio de Arquitectos Técnicos da Coruña posibilitan aos concellos da provincia a consulta online dos visados.

16/02/14

Os concellos da provincia da Coruña xa poden consultar online os visados tramitados polo Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación da Coruña (COAATIEAC), grazas a un convenio de colaboración asinado entre esta entidade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

Os concellos interesados en acceder a este servizo só teñen que solicitar ao Colexio un usuario e un contrasinal que lles permitirá consultar online, a través da web do Colexio, os diferentes tipos de expedientes tramitados pola entidade, desde proxectos, direccións de obra, legalizacións, coordinacións de seguridade e saúde, proxectos de actividade, informes, certificados ata taxacións ou peritacións. En 2012 o COAATIEAC tramitou máis de 6.600 expedientes.

Ver Noticia Completa

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal