16:10:31 Venres 29 de marzo 2024
Estás en:

A Administración Xeral do Estado publica Digitalíza-t! unha Guía para facilitar ás Entidades Locais o cumprimento das obrigacións dixitais das Leis 39 e 40/2015.

15/09/16

Digitalíza-t! é unha guía para facilitar o cumprimento por parte das Entidades Locais das novas obrigacións, a través das ferramentas tecnolóxicas que pon á súa disposición a Dirección de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DTIC).

Trátase dun documento que ten dúas finalidades. Por unha banda, explica as novidades en materia dixital das Leis 39 e 40 e a transformación que supoñen, tanto no procedemento administrativo como nas relacións interadministrativas e coa cidadanía a través da tecnoloxía. Doutra banda, Digitalíza-t! pon ao dispor das Entidades Locais un catálogo de ferramentas e aplicacións tecnolóxicas que lles permitirán cumprir de forma sinxela coas súas obrigacións legais, ademais de garantir un servizo orientado ao cidadán e rexido polos principios de eficacia, eficiencia, transparencia e boa xestión pública.

A guía contempla o seguinte contido:  
1. As novas obrigacións introducidas polas leis
2. As ferramentas que a Administración Xeral do Estado (AGE) pon ao dispor das Entidades Locais para facer fronte a esas novas obrigacións e como conseguilas.
3. Outros aspectos a contemplar na organización para adaptarse ás novas obrigacións.
4. O marco temporal que a lei establece para levar a cabo a transformación dixital.

GUIA EN PDF

Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal