14:24:22 Xoves 28 de marzo 2024
Estás en:

Xornada do 10 de Novembro de 2016. Presentación das Novidades da Lei 39/2015, do 1 de Outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Resposta ás necesidades de ADMINISTRACIÓN DIXITAL da provincia

11/11/16

O foro foi inaugurado polo presidente da institución provincial, Valentín González Formoso e o deputado de Economía, Facenda e Persoal, Antonio Leira. Na apertura deste encontro, González Formoso apostou pola implantación da administración electrónica que xa empeza a ser unha realidade, aínda que queda moito camiño por percorrer.

Antonio Leira fixo fincapé na necesidade de tomar conciencia do cambio. Xa é unha obrigación a Tramitación integramente electrónica, a Información e Transparencia, e a Interoperabilidad entre Administracións.

É un reto difícil. A nosa provincia avanza; sempre asumiu os retos e estivo na vangarda da tecnoloxía. Agora, de novo, volverá facelo. Para iso xa temos a solución e é un proxecto de todos. A Plataforma de Administración Electrónica Provincial, con todos os seus módulos, TEDeC, SEDeC, ARDeC, Portais de Transparencia e NIDec, será implantada en todas as Entidades Locais antes do 2018.

Finalmente tomaron a palabra os asistentes. Algúns alcaldes e concelleiros expresaron a súa opinión e contaron a súa experiencia, manifestando que asumen o reto e apostan polo traballo conxunto, pero tamén poñendo de manifesto algunhas dificultades importantes como é a existencia dunha importante brecha dixital na cidadanía e a falta de persoal cualificado nos concellos.

Documento da Xornada
 

Imaxenes da Xornada eAdmin 10 Nov 2016 Plataforma Tecnolóxica
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal