07:51:21 Luns 20 de maio 2024
Estás en:

A Comisión Europea impulsa a súa transformación dixital

22/07/22

A “Estratexia Dixital de Próxima Xeración” da Comisión Europea define a folla de ruta cara unha administración máis áxil e transformada dixitalmente.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

Europa reforza a aposta pola transformación dixital das súas institucións coa adopción dunha nova Estratexia Dixital. Desde comezos deste mes, a Comisión Europea (CE) opera xa baixo este novo marco corporativo de modernización dixital e de prestación de servizos innovadores.
A estratexia establece unha visión para unha administración máis áxil e transformada dixitalmente.
A folla de ruta susténtase sobre cinco obxectivos estratéxicos: o fomento dunha cultura dixital que empodere e capacite ao empregado público; a adopción de políticas da UE preparadas para o dixital, é dicir, garantir que as tecnoloxías dixitais sexan consideradas desde o comezo do ciclo de políticas, facendo que as novas políticas se axusten á Década Dixital; potenciar a transformación dixital impulsada polo negocio axudando aos departamentos da Comisión a reinventarse aproveitando tecnoloxías innovadoras e a reutilización de datos; garantir un panorama dixital impecable a través da administración eficiente dunha carteira optimizada de sistemas TI; e, por último, manter unha  infraestrutura verde, segura e resiliente como base das operacións da CE e as novas formas de traballo.
A estratexia fortalece a cooperación interna e o intercambio de coñecementos entre departamentos e cos Estados membros. Haberá un maior apoio para que o persoal mellore as súas habilidades dixitais.
Esta aposta responde o cumprimento ao cumprimento das prioridades estratéxicas da UE baseadas nos valores e principios europeos para a dixitalización, como un enfoque centrado no ser humano, a inclusión dixital, a soberanía dixital, a confianza e o uso ético de tecnoloxías innovadoras.
Fonte: https://ec.europa.eu/commission/presscorner/detail/es/IP_22_4199

Concello Dixital - Tedec e Inside
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal