05:51:45 Luns 20 de maio 2024
Estás en:

Concello Dixital desenvolve dúas sesións de formación sobre a remisión de documentos a órganos de Xustiza coa plataforma INSIDE e o tramitador TEDeC

1/07/22

As xornadas, realizadas de modo telemático, convocaron a máis de 50 empregados públicos das entidades da provincia.

Concello Dixital - Deputación da Coruña

Os concellos e entidades da provincia adheridos ao proxecto Concello Dixital, dispoñen xa na plataforma TEDeC da posibilidade de xerar os expedientes electrónicos para a súa remisión á administración de Xustiza. Con este motivo convocáronse e impartíronse dúas xornadas de formación a comezos de semana, coa asistencia de máis de 50 empregados públicos das entidades e concellos da provincia.

Nas sesións abordáronse casos prácticos coa xeración e exportación dun expediente electrónico desde a plataforma TEDeC e a súa remisión aos órganos de Xustiza mediante INSIDE. Tras as demostracións prácticas, os formadores resolveron as dúbidas expostas polos asistentes.

A utilización da plataforma INSIDE, supón unha considerable simplificación na xestión documental xa que todos os xulgados do contencioso-administrativo e algúns xulgados do social da Comunidade Autónoma de Galicia teñen xa activada a posibilidade de recibir expedientes por esta vía e está prevista a incorporación progresiva dos restantes órganos xudiciais.

Así, a plataforma de tramitación electrónica TEDeC, celme tecnolóxico do proxecto Concello Dixital impulsado pola Deputación da Coruña , segue sumando integracións co resto de servizos das Administracións públicas dispoñibles por medios electrónicos, no marco do Esquema Nacional de Interoperabilidad.

Concello Dixital - Tedec e Inside
Volver

Caixa de suxestións

Contamos coa súa opinión para ofrecer cada día un mellor servizo.

Contacto

Deputación A Coruña
Avenida Porto da Coruña, 2
15006 A Coruña
Tel 981 080 300
sedeconcellos.soporte@dacoruna.gal